Normalmente os pais e nais soen chamar cando perciben comportamentos no/a infante que non son capaces de xestionar ou ben que lle preocupan sen máis.

Cando soen chamar os pais/nais para levar o neno/a ó psicólogo?

Normalmente os pais e nais soen chamar cando perciben comportamentos no/a infante que non son capaces de xestionar ou ben que lle preocupan sen máis. Outra opción é que a titor/a ou orientador/a do centro escolar, ou ben o/a pediatra do seu centro de saúde lles recomende acudir a un psicólogo.

Como soe ser o procedemento de intervención co/a infante?

Na primeira sesión, quedo cos pais para rexistrar os datos persoais e os síntomas que mostra o pequeno/a. Tamén se rexistran (igual que nun adulto) os antecedentes e consecuentes dos seus comportamentos, pero aquí, tamén introducimos o pensar e sentir dos pais, non só do neno, é dicir, se o neno emite un comportamento negativo, cómo reaccionan os pais ante dita conduta.

Moitos problemas dos pequenos son exacervados porque os pais son reactivos a eles, esto é, se o neno ten un temperamento difícil (é inquedo, desobediente, non ten un sono regular,…) e os pais se enfadan á mínima ante ditas condutas, é probable que estas aumenten en intensidade e frecuencia.

Nesta primeira sesión tamén é normal concertar unha cita coa titora e orientadora do centro escolar onde estuda ou ben co pediatra (dependendo de quen derivou o caso)

Unha vez cos datos analizados cítase ao pequeno para avalialo. Se un neno acode por problemas de comportamento e dificultades escolares, por exemplo, o máis común e proceder en 3-4 sesións.

  1. Avalíase o coeficiente intelectual, para descartar as problemáticas máis severas, e ao mesmo tempo serve para dar hipóteses diagnósticas (xa que según o pefil intelectual pode indiciar unha ou outra patoloxía).
  2. Tamén é importante avaliar a área neuropsicolóxica en búsqueda de posibles disfuncións do lóbulo frontal, responsable da atención, planificación, execución,…
  3. Tamén se adminístra un test para avaliar o temperamento do infante (o temperamento é como se lle chama á personalidade en formación dos pequenos/as).
  4. Por último é aconsellable pedirlle que realice un debuxo da súa familia, para observar a súa percepción dos roles familiares e tamén como complemento ó test anterior.

Dependendo do comportamento disfuncional, pódexe rexistrar coa videocámara no seu domicilio para unha observación máis directa tanto da conduta do neno como das reaccións dos pais.

Conclusión e intervención

Cítase de novo ós pais e explícase o diagnóstico. Tamén se informa da terapia que procede (frecuencia e duración das sesións,…)

O máis común é que sexa un traballo multidisciplinar: co neno/a, cos pais e co titor/a. Coneno/a dependendo da problemática haberá que, por medio de xogos especializados, contos, modelaxe, debuxo,…intentar que tome conciencia do seu problema para cambialo. Cos pais por medio de autorrexistros de comportementos e os vídeos filmados, imos administrando premios ou retirada de atención a aqueles comportamentos que queremos potenciar ou que desaparezan e co titor/a, se procede, intentar que fomente aqueles aspectos do neno que lle gustan e que non reforce por medio de castigo aqueles que non quere que se presenten na aula (quizais este aspecto sexa o máis difícil, posto que o profesor ten que manexar ó pequeno con dificultades no medio de outros 24 alumnos).

 

Ata a próxima. Un saúdo a todos e todas.