O estrés é unha reacción normal, por exemplo, ao facer deporte, xa que, sometemos ao corpo a unha alteración que despois debe contrarrestar, pero tamén pode ser patolóxico no caso de interpretar como negativos acontecementos normales da nosa vida diaria.

Que é o estrés?

O estrés prodúcese cando acontece unha alteración no funcionamento normal do individuo debido a acción dalgún axente externo ou interno. O noso corpo nestas circunstancias pruduce unha reacción extraordinaria realizando un esforzo para contrarrestar dito desequilibrio. A resposta de estrés implica esforzo e produce a sensación subxectiva de tensión.

O estrés é unha reacción normal, por exemplo, ao facer deporte, xa que, sometemos ao corpo a unha alteración que despois debe contrarrestar, pero tamén pode ser patolóxico no caso de interpretar como negativos acontecementos normales da nosa vida diaria (traballo, relacións sociais,…)

A inoculación do estrés

A técnica máis útil dentro do campo da psicoloxía para o seu abordaxe chámase Inoculación e vou tratar de explicar brevemente en que consiste:

  1. Fase educativa ou de conceptualización: explícaselle ao paciente que é o estrés e como lle afecta a el/ela específicamente. Tamén se lle informa sobre como a terapia o pode axudar empregando unha serie de estratexias compartamentais.
  2. Fase de adquisición de habilidades: adéstrase ao paciente na utilización de habilidades de afrontamento do estrés presentadas na fase anterior.
  3. Fase de aplicación e consolidación: o paciente debe poñer en práctica o aprendido en situacións reais.

Voume centrar na fase de adquisición de habilidades para mostrar un esquema do que pode ser unha intervención habitual:

Se o estrés ven desencadenado por un factor situacional, onde o ambiente demanda moitos recursos, coma o traballo, por exemplo, debemos intentar cambiar o foco atencional e a valoración sobre o mesmo a través de técnicas cognitivas, exposición a situación e o adestramento en habilidades sociais.

Se é de tipo cognitivo (pensamentos negativos recurrentes) debemos modificar as demandas internas que nós mesmos nos poñemos a través do adestramento en terapia de atribucións, reestructuración cognitiva, autodiálogo e relaxación.

Como sempre digo, esta é unha explicación moi reduccionista da terapia, pero espero verter un pouco de luz sobre o que facemos os psicólogos nun caso destas caracaterísticas.