Formeime na Universidade de Santiago de Compostela, na Facultade de Psicoloxía con orientación clínica (1999-2005).
No último ano da carreira realicei un máster en “Psicoloxía do Deporte e da Actividade Física” (2005-2007) realizando as prácticas no “Clube de Fútbol Compostela” de Santiago e traballando a posteriori no “FC Bergantiños” en Carballo durante a temporada 2008-2009.
Tamén traballei no Concello de Coristanco, en Servizos Sociais durante un ano e medio (2009-2010).
Durante este tempo asistín a seminarios do “Instituto do Campo Freudiano” en A Coruña para formarme en psicoanálise aplicada aos adultos.
Posteriormente realicei o máster en “Psicoloxía infantoxuvenil” (2009-2011).