A idea de abrir a consulta e poder levar a cabo o traballo de terapeuta foi o obxectivo que perseguía cando comecei a estudar psicoloxía.
Sempre me fascinou a obra de Sigmund Freud, Erich Fromm, Maslow e outros grandes profesionais da, agora, miña profesión.
Co pensamento de facer algo diferente, algo que non se estivese facendo na comarca de Bergantiños, embarqueime neste proxecto tan ilusionante.
A partires de aquí propúxenme elaborar unha terapia integral para nenos e adultos.
Tiña claro que para tratar os problemas dos infantes debía intentar coñecer todas as varibles posibles, tanto do neno, coma dos pais e tamén dos titores escolares. Así cheguei á conclusión que o mellor tratamento posible era traballar co neno de forma directa pero tamén modificando comportamentos nos pais (por medio de rexistros audiovisuais no fogar e a súa posterior avaliación) e no centro escolar.
Para o tratamento psicolóxico dos adultos, centreime nos coñecementos que me proporcionou a carreira universitaria e, sobre todo, nos seminarios no “Instituto do Campo Freudiano”. Esto permitiume enfocar nun primeiro momento a terapia cunha orientación psicoanalítica para, unha vez o paciente ten claro o porqué do seu problema, pasar a cognitivo-conductual, máis eficiente e rápida, para evitar recaídas.
Este proxecto está en constante evolución gracias á xente que confiou e confía no meu traballo e que me permite seguir aprendendo con eles e continuar formándome para así ofrecer un servizo de máis calidade.