A orientación ao ter.
Actualmente, o ser humano emprégase a fondo por ser competitivo na sociedade na que se move: ter máis formación que os demais para poder conseguir traballo, ter un corpo esucultural para conseguir parella, ter máis diñeiro que os demais para experimentar poder,…e todo isto porque no subconsciente social, é dicir, na nosa cultura, dísenos que son os obxectivos que debemos perseguir.
Fronte a isto, propoño unha pregunta: e se eu non quero este producto? Pois aquí comezaremos a observar neuroses, xa que, se eu non quero ter, os demais vannos a recordar que son as regras do xogo nas cales nos debemos mover. Como o fan? Pois con “sutiles” preguntas do tipo: non tes traballo? non tes parella? non vai sendo hora de que teñas fillos? non che iría mellor se mercaras un piso?
Como vedes, as regras son claras para todos, pero a decisión é nosa, podemos ter ou podemos esforzarnos en ser.
Ter é relativamente doado, gañas diñeiro e mercas cousas, pero ese desexo de obter o produto desaparece en canto o conseguimos e volta a comezar. Volve a surxir o desexo e comezamos a mirar outro produto que nos poida saciar.
Aquí teño que introducir o concepto de placer. O placer é a sensación que obtemos cando conseguimos algo que, ou ben precisamos ou ben queremos. Podemos diferenciar, a grandes rasgos, dous tipos: o placer a curto prazo, que é o que experimentamos cando, por exemplo, nos apetece un xelado e o comemos; tamén está o placer a longo prazo, moi diferente ao anterior, poi só o experimentamos cando obtemos o resultado dun esforzo que realizamos, ben sexa no noso traballo remunerado, coma pintando un cadro, despois de facer “running”,…
O primeiro tipo de placer, é máis doado de conseguir, pero non aporta para a nosa felicidade duradeira, porque en canto o saciamos emerxe de novo; nembargarntes, o pracer a longo prazo, aínda que esixe un esforzo previo, vainos axudar a levar unha vida plena.
E como se consigue orientar a nosa vida ao ser?
Como menta Erich Fromm no seu libro “Do ter ao ser” o máis importante é coñecer as nosas potencialidades, o que nos gusta facer, naquelo que se nos pasa o tempo sen darnos conta, esa é a verdadeira felicidade.
Depende de cada un, pode ser apreder a tocala guitarra, descubrir a nosa fauna en Galicia, explorar os recursos históricos da zona, aprender inglés, facer deporte, é dicir, todo aquelo que nos aporte tanto aprendizaxe como sabiduría e non diñeiro ou poder en sí mesmo.
O diñeiro é necesario, pois apórtanos recursos para subsistir, pero non debe ser un fin que empreguemos como vara de medir o noso éxito, ou para compararnos aos demais.
Cada un de nos somos únicos e especiais, non precisamos de nada que nos faga o que xa somos por natureza.
Grazas pola lectura.
Bibliografía.
Del tener al ser. Erich Fromm. Editorial Paidós.