Normalmente, estes nenos e nenas, son percibidos como atípicos polos pais e nais e tamén polos mestres, que soen alertar ó orientador/a do centro acerca das habilidades presentes en ditos pequenos/as.
Hai unha serie de características que Alvino e colaboradores (1989) definen como significativas para detectar pequenos e pequenas , de entre 3 e 5 anos, con superdotación intelectual:
- Un vocabulario amplo e un uso preciso do mesmo (por exemplo, empregar a palabra locuaz ou unánime con 4 anos).
- Habilidades lóxicas e matemáticas avanzadas para a súa idade (por exemplo, saber dividir en cursos de infantil).
- Capacidade para o razoamento e o pensamento complexo (entender relacións entre conceptos abstractos, a felicidade, a tristeza, a moral, os valores,…moi precoz).
- Desincronías entre o sentir e o pensar (poden pensar coma un neno de maior idade e frústranse por non entender o que sinten, xa que emocionalmente, teñen un desenrolo acorde coa súa idade).
- Gran sensibilidade (soen ser moi sensibles á crítica, ás desigualdades sociais e en xeral a todo aquelo que non lles parece xusto).
- Gran creatividade (pode ser artística, pero tamén en áreas da linguaxe, das matemáticas,…).
- Independencia (gústalles resolver as súas tarefas de forma autónoma, sen axuda).
- Tenacidade (persisten até conseguir as súas metas).
- Ampla memoria (memorizan rápido e a información persiste durante moito tempo).
Normalmente, estes nenos e nenas, son percibidos como atípicos polos pais e nais e tamén polos mestres, que soen alertar ó orientador/a do centro acerca das habilidades presentes en ditos pequenos/as.
Unha vez alertado o orientador/a, avisará do feito ós pais e nais e avaliará varios aspectos cognitivos como pode ser o coeficiente intelectual e a creatividade (dende o meu punto de vista, deberíase facer tamén unha exploración neuropsicolóxica para recabar datos da madurez neurolóxica). Unha vez obtidos os resultados chamará a un equipo de intervención específico para que faga unha valoración máis precisa e confirme os datos.
Despois da valoración procederase á intervención, que consistirá na estimulación cognitiva do pequeno/a con material específico, na adaptación curricular de certas áreas ou na aceleración de curso académico, dependendo do desenvolvemento cognitivo e social do/a infante e tamén da opinión dos pais e nais.
En outras ocasións os pais e nais acoden a un psicólogo privado ante as evidencias arriba mentadas, co que administrará as probas pertinentes e despois, unha vez transmitidos aos pais os resultados, procederá a contactar co colexio para informar da valoración, se o pai e nai están de acordo.
No meu caso, traballo tanto na valoración coma na intervención con nenos superdotados dende hai 4 anos. Fago un traballo que soe comprender 8 meses de forma grupal (de 4 ou 5 nenos por grupo). Para sobrelevar o custo económico, existen becas públicas ó dispor dos pais dos pequenos/as que cobren case todo o importe.
Neste traballo facemos tarefas extracurriculares como poden ser: experimentos de física e química, observación con microscopio, elaboración de maquetas (do corpo humano, do sistema solar, …), visionado de películas en inglés con subtítulos para unha posterior crítica, arquitectura con Legos para situalos no espacio e tamén averiguar a historia da obra e o seu creador, robótica e programación informática, animación dixital, montaxe de “drones”, entrenamento en habilidades sociais, filosofía para nenos/as,…
O obxectivo de todo este traballo é evitar o efecto pigmalion, polo que, hai relativamente pouco tempo, se producía unha tasa de abandono escolar alto entre estes nenos/as, posto que se aburrían da escolarización e non completaban os estudos.
A intelixencia cristaliza na adolescencia e ata que esta idade chega debemos esforzarnos en estimular ós nenos/as para que non se adapten á comodidade de non destacar por medo á crítica dos iguais e mesmo dos maiores (o descoñecemento soe provocar medo a non saber educalos, a non saber responder ás súas preguntas, a non entender a súa ansia de aprender temáticas novas, e dicir, supón un esforzo importante pola parte dos pais/nais e tamén dos mestres) e moitas veces todo aquelo que se aparta do típico non se acepta con facilidade.
Un saúdo a todos e todas.