O dó consta de cinco fases das que vou falar a continuación, expoñendo tamén os erros que se soen cometer e o que se debería facer.

Cando unha parella se separa, e sobre todo se é unha decisión unilateral, a persoa que recibe a noticia (ás veces inesperada) comeza a sufrir un proceso de dó diferente ó que se sinte cando un ser querido falece, posto que a outra persoa continúa a súa vida, e pouco a pouco comezará a refacela.

O dó consta de cinco fases das que vou falar a continuación, expoñendo tamén os erros que se soen cometer e o que se debería facer para que este proceso totalmente natural e non patolóxico se leve dunha maneira o maís saudable posible:

1º Etapa: fase de negación

Nesta etapa, en medio do estupor ou “shock”, a persoa sinte que debe haber un erro, que non pode estar sucedendo…é un mecanismo de defensa que o cerebro pon en marcha por economía mental (á nosa mente non lle gustan os cambios radicais e resístese a aceptar aquelo que lle supón volver a facer esquemas novos).

Os erros máis comúns nesta etapa é a búsqueda de explicacións xa dadas, o seguir mantendo o contacto e a búsqueda da outra persoa, non só a nivel físico, senón tamén a través das redes sociais, chamadas,…

Unha técnica a aplicar é rectificar os pensamentos que temos: cando a nosa mente queira explicacións sobre o sucedido debemos contrarrestrar este impulso con: o importante non é o por que senon o como se chegou a esta situación para non voltar a cometer os erros pola miña parte que nos levaron até aquí, por exemplo. O obxectivo nestes momentos é a aceptación do sucedido, esto leva tempo, pero será menos se rectificamos o noso pensar disciplinadamente.

Desta experiencia podemos salir moi fortalecidos se a tomamos coma un aprendizaxe máis da vida e non como se fósemos vítimas da mesma.

2ª Etapa: a sintomatoloxía depresiva

Nesta etapa comezamos a sentir desesperanza, vacío, unha sensación de displacer, ideas recurrentes e obsesivas. Aquí a nosa mente está en pleno proceso de acomodación da nova situación pero aínda se resiste ó cambio sucedido.

As ideas máis comúns son: “non vou atopar alguén como el/ela”, “quen me vai querer?”,  e un longo etcétera.

Os erros máis habituais son aceptar como certo o que pensamos: o noso pensar non ten porque corresponderse coa realidade, e precisamente esto é o que debemos aprender nesta fase. Por exemplo pensar que non se vai atopar alguén como a persoa que se foi e tomalo como algo negativo é un erro, pois precisamente se se foi é porque non funcionaba  ben como parella.

As ideas obsesivas son difíciles de combater, debemos establecer un horario diario onde nos dediquemos á racionalizar as obsesións e tratar de manternos ocupados o resto do tempo. E importante ter paciencia nesta etapa.

Tamén se recomenda facer deporte se non hai hábito previo, posto que é un regulador natural do ánimo (regula a serotonina, que é o que fan artificialmente os antidepresivos).

3ª Etapa: a ira

Comezamos a recuperarnos pero culpando á outra persoa do sucedido. O victimismo é frecuente nesta etapa.

O erro é caer nese victimismo sen afrontalo, sabendo que as rupturas nunca son culpa ó 100 % da outra persoa.

O máis importante desta etapa é buscar os nosos erros como parella e intentar fomentar o perdón, posto que, pasase o que pasase sempre vai ser para mellor. E importante chegar á conclusión “eu non quero estar con que non quere estar conmigo”. Esta conclusión é fundamental para nosa autoestima, posto que xa non somos víctimas do suceso senón que tomamos control sobre unha situación que nos veu imposta.

4ª Etapa: a idealización

Unha vez que a ira vai desaparecendo, comezamos a recordar a persoa dunha maneira idealizada, sen defectos. A sensación de botar de menos o tempo compartido, os bos momentos pero non as diferencias que realmente desencadenaron o distanciamento.

Nesta etapa o máis importante é precisamente buscar as diferencias que tiña a parella para contrarrestar a idealización propia deste momento.

5ª Etapa: a resolución

A nosa mente xa elaborou novos esquemas, polo que o noso cerebro xa pode dedicar recursos atencionais plenos ó medio que nos rodea (traballo, amigos, pasatempos,…)

Tamén comezamos a ver todo en perspectiva, os nosos erros, os da outra persoa e tamén (se traballamos o noso pensar) se logra perdoar ó outro/a.

E importante non quedar estancado na fase depresiva, que soe ser habitual, posto que, ás veces, é dificil contrarrestar os nosos pensamentos sen axuda.

A maioría da xente pasa este proceso de maneira inconsciente e con relativo éxito, xa que o máis habitual é que non se perdoe totalmente á outra persoa, e debe ser unha meta de obrigado cumprimento para seguir coa nosa vida.

Antes de rematar gustaríame facer unha observación, o cambio de rol (de parella a amigo/a) é posible sempre que deixemos pasar o tempo suficiente. A explicación é que o obxectivo do proceso de dó é o cambio de esquemas mentais para adaptarnos á nova situación e se neste proceso seguimos tendo contacto habitual estarémoslle mandando mensaxes contradictorias ó nos cerebro co que o proceso se pode enlentecer e facerse máis duro do que xa é.

 

Un saúdo a todos e todas.