Podemos definir o optimismo como a tendencia a percibir as posibilidades futuras como oportunidades de cambio positivas, nas que a probabilidade de ocorrencia de sucesos negativos e baixa, e en caso de acontecer, de doado control.
Que é o optimismo?
Para comezar unha nota humorística de Voltaire que definía o optimismo da seguinte maneira ” é a manía de seguir pensando que todo vai saír ben cando a realidade empéñase en demostrar o contrario”.
Pois ben, históricamente, o optimismo non estivo ben visto, posto que estaba relacionado coa ignorancia, ou con un nivel sociocultural baixo, os filósofos, psicólogos, psiquiatras,… pensaban neste rasgo da personalidade como algo, inclusive, patolóxico.
Na actualidade, o optimismo está sendo estudiado pola psicoloxía positiva, e aínda que se admite un carácter xenético tamén podemos aprender a modificar certos rasgos para levar unha vida máis placenteira.
Podemos definir o optimismo como a tendencia a percibir as posibilidades futuras como oportunidades de cambio positivas, nas que a probabilidade de ocorrencia de sucesos negativos e baixa, e en caso de acontecer, de doado control.
Pódese aprender a ser optimista?
Aquí debo explicar que papel xogan as emocións positivas e negativas na nosa adaptación evolutiva.
As emocións negativas son un elemento moi importante para a supervivencia do individuo, por exemplo, o medo alértandos dun perigo inminente, a tristeza, á exposición a novas fontes de posibles traumas, o desprecio, como símbolo de dominancia fronte aos demais…entón, que papel xogan as emocións positivas? Pois, en estudos recentes da Psicoloxia Positiva, demóstrase que as persoas máis optimistas, tenden a sufrir menos estrés (menor probabilidade de enfermidades cardiovasculares, Alzheimer, cancros,…), teñen unha maior calidade de vida (pasan menos tempo rumiando, é dicir, pensando en sucesos negativos que poidan acontecer),…
Como puidestedes comprobar, as emocións disfóricas aparentan ser moi importantes, pero sempre e cando non entorpezan o noso día a día. Non é o mesmo sentir ansiedade antes dun exame que levamos ben preparado que sentila cando non traballamos en absoluto. No primeiro caso non sería adaptativa, xa que nos alerta dun perigo que non é real, no segundo caso sí o sería, posto que o perigo correspóndese coa evidencia.
Pois ben, que pode facer unha persoa, que sabendo que fai todo o posible porque as cousas saian ben, sinte e pensa que todo vai saír mal? Esta persoa debería adestrarse para ver as cousas dende outra óptica, unha óptica máis optimista, e é aquí onde entra o optimismo intelixente.
Debemos ter presente que é moi doado ser pesimista e un pouco difícil aprender a ser optimista, pero con disciplina podemos corrixir os rasgos máis molestos e que máis interferencia producen.
A aprendizaxe do optimismo pasa por:
- Poñerse metas alcanzables e con sentido. Bertrand Russel formula “toda felicidade surxe do desexo natural de cousas posibles”, pois ben, o que queremos conseguir debe ser posible, debemos evitar poñernos metas inalcanzables e se son a longo prazo debemeos trocealas en pequenos obxectivos a curto prazo. Tamén debemos trazar un plan para saber como imos a conseguilas e se son viables.
- Abrirse ao exterior e olvidarse de un mesmo. Nada consume tantos recursos como o “autofoco”, pasar demasiado tempo pensando en que fixen ben, que fixen mal, se reaccionase de outra maneira…en definitiva no pasado, no futuro e olvidándonos constantemente de vivir no “aquí e agora” e para isto é imprescindible volcar a nosa atención no noso traballo, en adquirir novos coñecementos, en facer deporte, en coñecer xente nova que nos aporte novos saberes…en todo aquelo que nos aparte de estar en nós mesmo a maior parte do tempo, as preocupacións deben levar a unha acción, senón son unha total perda de tempo.
- Aceptar a propia realidade do que acontece. Está moi ben facer plans realistas, serven para manternos concentrados, agora ben, tan importante como isto é aceptar que a vida non nos debe nada, e ás veces, da xiros inesperados que nos obrigan a facer un alto no noso camiño. Aceptar esto como parte da vida, como algo normal é unha parte indispensable para acadar a estabilidade emocional.
- Educar e exercitar a capacidade de goce e de aprendizaxe coma un todo. Aquí debemos reflexionar o que a sociedade actual entende como goce, podemos entendelo como placer inmediato, comer, beber, … pero tamén o podemos enteder como algo que resultará dun adestramento previo. Non é fácil disfrutar da natureza, de ler un bo libro, de escoitar música que aporte algo de boas a primeiras, normalmente inclúe un esforzo para valorar as diversas formas de arte, así como coñecementos que debemos adquirir. Tamén é certo que a recompensa soe ser alta pero debemos ter claro o que queremos posto que é evidente que hai un sacrificio previo.
- Xogar, sí, xogar e ser un pouco trastes de vez en cando. Saltarnos os plans, un pouco de humor, e en definitiva, voltar a ser un neno/a de vez en cando soe aliviar o estrés, polo que, con cautela, posto que as normas non son para saltalas a todas horas, sí e certo que de vez en cando, soe sentar moi ben.
- Facer deporte regularmente. Un regulador natural das endorfinas, responsables da nosa estabilidade emocional.
Como diferencio o optimismo saudable do patolóxico ou inadaptativo?
O optimismo patolóxico é doado de localizar, posto que sóese presentar en individuos con un grado de impulsividade moi alto, que os leva a plantexarse metas de todo irrealizables e a facer gastos coma se non houbese mañán. Soen ser persoas que están instauradas na idea de que todo vai saír ben constantemente, de que os seus actos non van ter consecuencias negativas para eles mesmos nin para a súa saúde. Un exemplo práctico sería a ludopatía (unha partida máis posto que tarde ou cedo gañarei…claro que no camiño para conseguilo estará o gastar máis diñeiro do que imos a conseguir, a perda de tempo, o faltar ao traballo,…)
En conclusión, ser optimista pódese aprender se somos disciplinados con nós mesmos á hora de ver as circunstancias vitais dende outro prisma, debemos ser pacientes posto que é unha tarefa que leva tempo conseguir, pensade que levamos moitos anos cultivando a maneira de pensar contraria polo que reeducar o noso pensar non son dous días.
Tamén debemos ter presente que ser optimista non é ser feliz constantemente, é ter unha valoración positiva do noso día a día mentras observamos que as nosas metas (ben establecidas) se van cumprindo pouco a pouco.
Por último, para aqueles interesados/as en saber un pouco máis, anímovos a ler os seguintes libros sobre o optimismo do Dr. Martin Seligman “La auténtica felicidad”, “Niños optimistas” e “Aprenda optimismo”. Púxenos en castelán posto que non sei se hai traducción ao galego.
Un saúdo a todos e todas